outubro 18th, 2006

“Din de min que sempre estou en ti…”

Posted in Persoal by antaruxa

aspacio2.jpg

“Chove en santiago meu doce amor…” levo todo o dia coa cancion na cabeza.

Por fin chove!a chuvia empapame de melancolica…dame morriña  hasta pestanexar…

Hoxe mentres camiñaba polo casco vello da Auria, recordei,mentres me vía nos charcos, cando era pequena.

Recordei cando a miña irmá comprou o primeiro teléfono mobil….que ilusion centrifuguei.

Recordei cando chorei con Bambi ou co Rei Leon.

Recordei as “barbies”, os libros, as pinturas, os xogos, as cancions do colacao……..

Creo que xa non se disfruta deso. Cada vez medran antes.Mellor dito, cada vez queren smedrar antes.

Pero despois destos momentos pasteleros, apareciches ti. De súpeto, cun “aire a Guevara”.Pero sabes? Non anhelo precisarte.Quizais porque nunca te tiven.

Aluguei un libro de Alfonso Rodríguez….encántame.Deixovos un petisco.Este, recordoume un pouco a ti, outra vez:

é certo, hoxe estás preciosa

como unha rosa nun xardin de tumbas

como unha piragua nun mar de ebulicion

e ademais plateada e enigmática.

é certo, hoxe voaría contigo ao infinito,

ao máxico ao envolvente, ao plácido

e xogaría polas túas uñas comidas polo vento

xogaría co teu pelo recollido con pinzas negras.

é certo, hoxe as ilusións esvaecen e xa

non penso coma antes e aínda que estás preciosa

e ademais prateada e enigmática, non podo tocarte.

 

Libro:subir ao faiado

 

You can leave a comment, or trackback from your own site. RSS 2.0

Leave a comment