
“Duermes,
y bajo el flexo una estudiante reza la locura
de huir con los muchachos del camión de la basura”.
Hoxe, cando o sabor da medianoite e media pete na miña porta e os veciños do quinto estén a alimentar as baixas paixóns,procesarei devorar parte dun “fermoso” libro de economÃa…empalagada polas explicacións…soñando co verán nas marxes…imaxinando caretos nas letras…colgando as ganas de durmir no tÃtulo do próximo tema…alugando apocalipses para o meu profesor…imaxinándoo cun chisco de fluidez nese sorriso inexistente…coidando de que non fuxa a miña alma entre bostezo e bostezo…imaxinando do meu escritorio un barco no que fuxir da treboada…mercando un billete con destino ó purgatorio…volvendo á realidade…pasando de páxina…superando a conta atrás…e…rematando de estudar.