Archive for novembro, 2006

novembro 30th, 2006

Dame un pouco de celos que non me queda nin envidia…

Posted in a diario by antaruxa

 

na actualidade….melancolicamente depresiviña.

é un mundo dificil.Paradóxicamente.

hoxe vin unha obra de teatro de xente de allariz.Vaia gustoume, estivo ben.Quizais porque eran xente nova novísima, recén paridos no mundillo do escenario.

máis que dificil é un mundo salgado. Hai demasiada sede de todo…

Este nadal levarei gafas de sol pola rua, porque estan pondo luces case ata nos baños publicos.

Demasiado espíritu, pouca presencia.

un día rariño…

novembro 25th, 2006

.:: contra a violencia de xénero ::..

Posted in vestir de negro ouro by antaruxa

 

Hoxe é un deses dias nos que se intenta amasar unha concienciación colectiva sobre o que pasa os 364 dias restantes.
Hoxe téntase transimitir forza ás mulleres maltratadas, de calquera tipo.
Hoxe todas elas son hipotéticamente libres para dar un portazo.
Hoxe case todo o mundo quere sair nos medios de comunicación reivindicando a sua raiba ou impotencia.
E mañá? mañá tamén morreran, tamén choraran, tamén terán medo, tamén serán violadas, tamén berraran inutilmente…
Oxalá non houbese nada que celebrar, nin hoxe nin o 8 de marzo.

novembro 22nd, 2006

Posted in Persoal by antaruxa

 

 ” y que le importa a nadie como está mi alma mas triste que el silencio y más sola que la luna y que importa ser poeta o ser basura…”

Síntome débil, impotente e superada.

Ás veces gustaríame idealizar todo e vivir á miña maneira.

A  verdade, non sei que sería peor.

Volvo precisar que voe o tempo…. preciso unha tregua.

novembro 18th, 2006

bis…

Posted in a diario by antaruxa

 

non o podo crer. xa estan postas as luces do nadal, é dicir a maior parte do presuposto da nosa cidade xa esta alumbrando.

e volverei a oir panxoliñas polas rúas, e as cancions “namber guan” da lista dos corenta, e parellas por tódolos sitios, e amor por tódolos cruces, e os doces jo jo jo do papa noel , e serei victima do delicado tacto do consumismo e….volve ser nadal.

e volverei ser a meniña de ollos tristes, que se perde polas ruas, finxindo levar un rumbo definido, con b.s.o. propia que se entrena na materia dos soños…

pero ainda que o nadal en certo modo me melancolice, pois tamen ten os seus polos positivos….!

PD: meri, parabens polo Danonino!non te vicies moioto….!Seguirás tendo sempre o teu lugar….2 2 2 2 2…!

novembro 13th, 2006

Na túa memoria xa non hai volta atrás…

Posted in vestir de negro ouro by antaruxa

 

Madrugada, o porto adormeceu, amor,
a lúa abanea sobre as ondas
piso espellos antes de que saia o sol
na noite gardei a túa memoria.

Perderei outra vez a vida
cando rompa a luz nos cons,
perderei o día que aprendín a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar,
perderei o día que aprendín a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar.

Veu o loito antes de vir o rumor,
levouno a marea baixo a sombra.
Barcos negros sulcan a mañá sen voz,
as redes baleiras, sen gaivotas.

E dirán, contarán mentiras
para ofrecerllas ao Patrón:
quererán pechar cunhas moedas, quizais,
os teus ollos abertos sobre o mar,
quererán pechar cunhas moedas, quizais,
os teus ollos abertos sobre o mar.

Madrugada, o porto despertou, amor,
o reloxo do bar quedou varado
na costeira muda da desolación.
Non imos esquecer, nin perdoalo.

Volverei, volverei á vida
cando rompa a luz nos cons
porque nós arrancamos todo o orgullo do mar,
non nos afundiremos nunca máis
que na túa memoria xa non hai volta atrás:
non nos humillaredes NUNCA MÁIS.

novembro 12th, 2006

*magosterrimos*

Posted in esmorgadas by antaruxa

sen comentarios…….

os magostos son unha gran fonte de sequía xeral……

con ganas de repetirrrrr!!!!!!!

novembro 8th, 2006

parabeeeeeennns!!

Posted in Persoal by antaruxa

cumpiaños felí….que delicia que o teu primiño che cante nesas verbas, ós seus dous aniños.
a adultez está a pisarme os talóns.
hoxe por fin o meu movil deixou de ser inerte…!
hoxe volvín caer na conta que moita xente esquece o teu cumpleanos.
hoxe sentinme a narradora protagonista.
Globos Globos Globos de cumpleanos para min!!

novembro 7th, 2006

Mi coco…

Posted in Persoal by antaruxa

 

 Estou  a piques de tolear. 

Só penso no sabado…… MAGOSTOMAGOSTOMAGOSTOMAGOSTO… posiblemente este magosto sexa o ultimo que pasemos todos xuntos. Bueno case todos. Sinto lástima polo debiles que son alguns lazos de union. Fai tempo que non nos xuntabamos todos. Pinta interesantemente bonito…

Como te pille de frente…O teu don é a ambiguidade.

Esta semana, celébrase “cafes da palavra”, recitarán as suas colleitas, diferentes persoaxes.

A min encántame Maria Lado, é moi boa recitando. Terei a oportunidade.Este poema coñecino por recomendacion…é infantilmente bonito…

cuqui é pequeno de máis para ser un osiño de peluxe
e cáelle o naris
por iso non lle gusta ir á lavadora
nin que mamá o colgue a secar polas orellas
ademáis
bótame de menos durante o centrifugado
   e eu a el                      ¿e se lle doe?
   as orellas                    ¿e se lle doen as orellas das pinzas?
   ou estar só tanto tempo na trandeira  e eu a el        sobre todo hoxe que é luns e ti estás tan lonxe
así que o meto húmido debaixo das sabas
e apértoo
para que non chore máis que eu sexa xa grande
que me gusta porque sei que me quere pequeno
como só poden querer os osiños os nenos
que lle perdoan ata a dor das pinzas
como sei que ti e eu nos queremos

poema sen libro para david e o amor
novembro 5th, 2006

Posted in peliscölas by antaruxa

saw 3.jpg

——–> SaW III….por fin!!!!

devezo por vela. Esperemos que non defraude…!!!

novembro 4th, 2006

Posted in Persoal by antaruxa

316b1.jpg

sabes

esta mileidi queimou os seus aposentos.

se miras ó ceo pola noite

poderas ver brilar

un anaco do fulgor

que quizais algun dia bicarán,

que antes desprezaches.