O pó dunha bala non é purpurina negra…

..:Un asasinato sírvese en frío e dilúese en ardente dor:..
A eses que se cren omnipotentes, que beben sangue, que quentan a súa vida coa queima doutras… a esas persoas….
O 19 de maio, como celebración anual correspondía festexar o cumpreanos da miña irmá, pero… este ano un evento inesperado alugou o día.
Títeres, fráxiles, sen zapatos de noso, sen sede de soños, sen desexo de amar… ¿eso é no que nos queren converter? Titeres habitando nun limbo manipulado…
“…las hostias siguen cayendo sobre quien habla de mas”…..
Pese ó empeño que teñen en recalcar o gran avance da sociedade na que vivimos actualmente….¿terei que pensar que avance e irracionalidade van da man? ¿ou o “gran avance”consiste en refuxiarse tralo son dunha bala e brindar co sangue que dela emana?
¿Consiste en que unha persoa decida acabar coa túa vida polo simple feito de ser emigrante, prosperar nun lugar alleo, traballar e ofrecer traballo dignos? ¿E hai dereito a que a unha persoa que se define como “médico” che negue a súa atención en estado moribundo só porque o edificio no que se atopa se define como privado….?
Corazón de pedra, cruce de mans e de postre, sen rompe-lo protocolo, un “descanse en paz”…
Esa é a atención medica que recibiu Alfredo Paz , sangue do meu sangue, en Venezuela.
Así rematou o 19 de maio, coa súa morte. Esa bala non só foi refuxio para un asasino, senón un “big bang” de dor no que cada unha das persoas, familiares e amigos, convertía en río cada un dos momentos vividos con el…
NON Ó SOMETEMENTO,
REIVINDICACION DOS DEREITOS,
REIVINDICACION DOS SOÑOS,
COLLEITA DE FELICIDADE E TRISTURA PROPIAS,
¡¡¡ VIDA PROPIA.!!!
…..a esas persoas….¡¡Vendetta acompañada con guarnición de pena polo seu estado mental!!…. e de postre, os meus peores desexos.