Archive for the a diario category

marzo 19th, 2007

herbal esence

Posted in a diario, umbilicais by antaruxa

herbal-esence.jpg

“Búscase recipiente para pasar arroz”

por unha desas tardes nas que os anos da miña vida se tritritritritriplican.paseino xenial xenial :)

PD: “oh que bueno hada m..mada!”

 

 

febreiro 13th, 2007

Posted in a diario, vestir de negro ouro by antaruxa

.::a vida é demasiado CortA para acomplexala::..

xaneiro 30th, 2007

Posted in a diario by antaruxa

 

” Non hai camiño para a Paz, a Paz é o camiño “

decembro 28th, 2006

inocente…

Posted in Persoal, a diario, umbilicais by antaruxa

 

hoxe cheirame a inocente…

xa hai tres anos que cocemos a venganza….

reafírmome en frio moito mellor….

claro está, sen esquecer o avecrem….

prepárate!!!!!!

decembro 27th, 2006

uf….

Posted in a diario by antaruxa

PESADÉRRIMA, haiche xente ben pesada.pode chegar a provocar en ti unha adormecida sequia mental simplemente polo feito de tentar levar unha conversa inocentemente normal, e facer dese simple xogo de palabras algo tan pesado, coma dous elefantes relacionandose intimamente sobre a palma da túa man, mentres coa outra practicas malabares sobre uns zancos de medio metro.

terei pesadelos?

decembro 25th, 2006

bo nadal!

Posted in a diario by antaruxa

 

espero que se portara ben con tod@s…
na miña casa solo lle son fieis ós “reis magos”…!!

os langostinos de dous en dous ua ua…xD

moito moito frio!!

novembro 30th, 2006

Dame un pouco de celos que non me queda nin envidia…

Posted in a diario by antaruxa

 

na actualidade….melancolicamente depresiviña.

é un mundo dificil.Paradóxicamente.

hoxe vin unha obra de teatro de xente de allariz.Vaia gustoume, estivo ben.Quizais porque eran xente nova novísima, recén paridos no mundillo do escenario.

máis que dificil é un mundo salgado. Hai demasiada sede de todo…

Este nadal levarei gafas de sol pola rua, porque estan pondo luces case ata nos baños publicos.

Demasiado espíritu, pouca presencia.

un día rariño…

novembro 18th, 2006

bis…

Posted in a diario by antaruxa

 

non o podo crer. xa estan postas as luces do nadal, é dicir a maior parte do presuposto da nosa cidade xa esta alumbrando.

e volverei a oir panxoliñas polas rúas, e as cancions “namber guan” da lista dos corenta, e parellas por tódolos sitios, e amor por tódolos cruces, e os doces jo jo jo do papa noel , e serei victima do delicado tacto do consumismo e….volve ser nadal.

e volverei ser a meniña de ollos tristes, que se perde polas ruas, finxindo levar un rumbo definido, con b.s.o. propia que se entrena na materia dos soños…

pero ainda que o nadal en certo modo me melancolice, pois tamen ten os seus polos positivos….!

PD: meri, parabens polo Danonino!non te vicies moioto….!Seguirás tendo sempre o teu lugar….2 2 2 2 2…!

outubro 30th, 2006

Posted in a diario by antaruxa

el-placer-saber-estudiar-julio-2005.jpg

“Duermes,
y bajo el flexo una estudiante reza la locura
de huir con los muchachos del camión de la basura”.

Hoxe, cando o sabor da medianoite e media pete na miña porta e os veciños do quinto estén a alimentar as baixas paixóns,procesarei devorar parte dun “fermoso” libro de economía…empalagada polas explicacións…soñando co verán nas marxes…imaxinando caretos nas letras…colgando as ganas de durmir no título do próximo tema…alugando apocalipses para o meu profesor…imaxinándoo cun chisco de fluidez nese sorriso inexistente…coidando de que non fuxa a miña alma entre bostezo e bostezo…imaxinando do meu escritorio un barco no que fuxir da treboada…mercando un billete con destino ó purgatorio…volvendo á realidade…pasando de páxina…superando a conta atrás…e…rematando de estudar.

outubro 24th, 2006

“el viaje de Rosetta”

Posted in a diario by antaruxa

realidad.jpg

” Taxar a dose exacta de memoria e esquezo”

vulgar martes ordinario.

na biblioteca vin un rapaz imperfectamente guapo.

felicidades á miña veciña que xa pariu.Benvida Eva!!

non quero máis brazos vacíos.

Ismael serrano saca novo cd..bueno recopilacion dos seus X anos :”el viaje de rosetta”.

poema do día:

unha vez tiven unha chica

metida no meu petiño

pero afogábase e suicidouse

saltando do petiño á realidade.

como non, de Alfonso Rodriguez!!!

PD:nenola, maña quedaremos non? perdoa polo do outro dia…….!!

Â