febreiro 7th, 2007
 
 Parada frente o miño.suicidio de recordos anclan ponte romana abaixo.Princesa de contos grises.non.princesa de contos oxilados.intimÃdanme os edificios, eses reinos desencantados.a xente faime sentir mais soa.as cousas non se deben forzar( marieta toma nota
).non é dor.nin tampouco rabia.puro e duro chute de tristura.
e evolucionan, atopan, aman, abáfanse, choran…contráense…..e evolucionan.
bisiesto adicoume o mellor dos momentos.desos que fan medir os momentos que estan por vir.se veñen.
maio ensinoume a  ”sede de amor e llama de desexos”.
non creo nas coincidencias. pero si que o que teña que ser será e que cada cousa ó seu momento.
e estou farta,empachada.preciso “sal de fruta” para a dixestión deste vacio.este vacio que me erupciona polas noites, cando non existen saidas de emerxencia, cando me mira núa e me obliga a sincerarme, cando me desangra a realidade.
e estou farta.e non hai dieta que calme esta oxilada soidade.
decembro 31st, 2006

sempre acabo babándome coas uvas.
sempre acabo acordándome dos que xa non estades aquÃ.
sempre acabo extrañándovos.
sempre acabo pensando que o ano que entra será mellor que o anterior.
gracias por soportarme, extrañarme e quererme estos 365 dias que hoxe se apagan.
espero que este novo ano que entra, poida/mos seguir compartindo a liberdade de soñar, de amar (…), de recordar vellas decepcións, de vivir novas alegrias, de poder transportar a cada un dos dias do ano que entra,tódolos bos desexos que hoxe, por ser 31 florecen en nós, e quizais asi conseguir soportarnos mellor.
Só se conseguimos calmar esos ruidos que nos ensordecen, poderemos vestirnos con susurros.
Só pido que para o ano que entra penses en todo o que quere dicir un susurro, o que implica susurrar.
saúde!!!                                      FELIZ 2007
outubro 28th, 2006

Onte pola tarde cando voltaba a casa das “clases de baile”, vin unha cousa curiosa.Dous rapaciños, un neno e unha nena, de sobre once anos, agochaban na sombra dun portal as suas curiosidades.El aprisioabaa contra a parede, mostrandolle o tacto do desexo, mentres tentaba bicala…pero tentaba tentaba!E ela resistÃase.Non vin o desenlace.
Pola noite non parei de soñar.Coma sempre sen nengun sentidiño.Mezclo todalas fotos da miña vida.Pasado, presente, futuro incerto ó meu favor…
Como entrante soñei con Ortigueira (Grande Ortigueira!!) pero cunha mezcla dos 4400 mais unha viaxe en autobús cara allariz.
E hoxe erguinme cansa… de tanto soñar.
Pola noite…EsmorgA.Dia 28.polo menos é par.
Pena o do concerto da banda de Poi e meri!!