O mellor da vida son os “pequenos” detalles.
nego a obriga de medrar. estou en folga.
O mellor da vida son os “pequenos” detalles.
nego a obriga de medrar. estou en folga.

Parada frente o miño.suicidio de recordos anclan ponte romana abaixo.Princesa de contos grises.non.princesa de contos oxilados.intimídanme os edificios, eses reinos desencantados.a xente faime sentir mais soa.as cousas non se deben forzar( marieta toma nota
).non é dor.nin tampouco rabia.puro e duro chute de tristura.
e evolucionan, atopan, aman, abáfanse, choran…contráense…..e evolucionan.
bisiesto adicoume o mellor dos momentos.desos que fan medir os momentos que estan por vir.se veñen.
maio ensinoume a ”sede de amor e llama de desexos”.
non creo nas coincidencias. pero si que o que teña que ser será e que cada cousa ó seu momento.
e estou farta,empachada.preciso “sal de fruta” para a dixestión deste vacio.este vacio que me erupciona polas noites, cando non existen saidas de emerxencia, cando me mira núa e me obliga a sincerarme, cando me desangra a realidade.
e estou farta.e non hai dieta que calme esta oxilada soidade.

“Non serei eu a que se venda por un puñado de farmacias
pero houbo que falar de min enriba dos ourizos.
Houbo que dilatar pupilas e facer de contención unha palabra bonita.
Eu cheguei aqui para romper promesas coa tranquilidade do éxtase
e odiar con forza ás nenas que xuran non volver facer certas cousas…”
(LUCIA ALDAO)
Sempre se agarda o verán,
deséxase
ese tempo para a noite como a herba
sen alerxia. Os amigos recuperados.
Próbase toda froita de óso,
búscanse os elepés de música xamaicana,
vaise esquecendo unha miga a cohíba
e esta patria.
Sempre se agarda o verán porque detén a vida.
Veñen días lentos,
ríos,
ollos
esváese o mundo afora,
vístense de xente as terrazas
no agre do lusco-fusco.
Saen tantas guerras da memoria.
Pero sempre se agarda un verán
que nunca chega.
E retíranse os dentes, vencidos,
da hora deserta.
estou crísica. apocalipse de recordos.recordos cálidos.montando a tenda.as risas na praia.o sono que almacenei.zarracós en festas.allariz.allariz.allariz.o cambio da xente para mal.o cambio para ben.as crises.as aclaracións.

aisss que recordos…..
esa nuite sempre será UNICA e INESQUECIBLE.
oxalá queden moitas….
oxalá estemos todos….. ainda que sexa ás veces.
Ós que estades na foto e ós que faltades…….GHRACIAS!!!!!

“Bicaralo.E o bico que lle deas será polo que medirás todos os outros bicos da túa vida”
Noite de reis!!!!! uiuiuiuiui
“Es mejor caminar que parar y ponerse a temblar
Y confío en que no olviden el infierno
y los motivos que les llevaron allí
y que la vida no les guíe hasta lo negro
espiral de donde no hay forma de salir
una lágrima es mayor que el mar entero
cuando el viento lleva a lomos la traición
porque la vida se convierte en un invierno
tenebroso para dos “
era el.non era ela pero daba igual.sei que a ten.era esa canción.unha hostia no momento adecuado sempre é boa.esta toma si que é a que vale.libre!!!!

sempre acabo babándome coas uvas.
sempre acabo acordándome dos que xa non estades aquí.
sempre acabo extrañándovos.
sempre acabo pensando que o ano que entra será mellor que o anterior.
gracias por soportarme, extrañarme e quererme estos 365 dias que hoxe se apagan.
espero que este novo ano que entra, poida/mos seguir compartindo a liberdade de soñar, de amar (…), de recordar vellas decepcións, de vivir novas alegrias, de poder transportar a cada un dos dias do ano que entra,tódolos bos desexos que hoxe, por ser 31 florecen en nós, e quizais asi conseguir soportarnos mellor.
Só se conseguimos calmar esos ruidos que nos ensordecen, poderemos vestirnos con susurros.
Só pido que para o ano que entra penses en todo o que quere dicir un susurro, o que implica susurrar.
saúde!!! FELIZ 2007