inocente…

hoxe cheirame a inocente…
xa hai tres anos que cocemos a venganza….
reafírmome en frio moito mellor….
claro está, sen esquecer o avecrem….
prepárate!!!!!!

hoxe cheirame a inocente…
xa hai tres anos que cocemos a venganza….
reafírmome en frio moito mellor….
claro está, sen esquecer o avecrem….
prepárate!!!!!!
jisofdubhzknadhkgyasbfjdialsfn
canto máis vivo máis me “defrauda” a xente.
quen iniciou eso de “vouche didir un par de cousas…” non sabía o que nun futuro medraría a cifra.
sinto defraudar, pero non son un caderno pautado, a min gústanme as liñas tortas.
Hipócritas.

” y que le importa a nadie como está mi alma mas triste que el silencio y más sola que la luna y que importa ser poeta o ser basura…”
Síntome débil, impotente e superada.
Ás veces gustaríame idealizar todo e vivir á miña maneira.
A verdade, non sei que sería peor.
Volvo precisar que voe o tempo…. preciso unha tregua.
cumpiaños felí….que delicia que o teu primiño che cante nesas verbas, ós seus dous aniños.
a adultez está a pisarme os talóns.
hoxe por fin o meu movil deixou de ser inerte…!
hoxe volvín caer na conta que moita xente esquece o teu cumpleanos.
hoxe sentinme a narradora protagonista.
Globos Globos Globos de cumpleanos para min!!

Estou a piques de tolear.
Só penso no sabado…… MAGOSTOMAGOSTOMAGOSTOMAGOSTO… posiblemente este magosto sexa o ultimo que pasemos todos xuntos. Bueno case todos. Sinto lástima polo debiles que son alguns lazos de union. Fai tempo que non nos xuntabamos todos. Pinta interesantemente bonito…
Como te pille de frente…O teu don é a ambiguidade.
Esta semana, celébrase “cafes da palavra”, recitarán as suas colleitas, diferentes persoaxes.
A min encántame Maria Lado, é moi boa recitando. Terei a oportunidade.Este poema coñecino por recomendacion…é infantilmente bonito…
| cuqui é pequeno de máis para ser un osiño de peluxe e cáelle o naris por iso non lle gusta ir á lavadora nin que mamá o colgue a secar polas orellas ademáis bótame de menos durante o centrifugado e eu a el ¿e se lle doe? as orellas ¿e se lle doen as orellas das pinzas? ou estar só tanto tempo na trandeira e eu a el sobre todo hoxe que é luns e ti estás tan lonxe así que o meto húmido debaixo das sabas e apértoo para que non chore máis que eu sexa xa grande que me gusta porque sei que me quere pequeno como só poden querer os osiños os nenos que lle perdoan ata a dor das pinzas como sei que ti e eu nos queremos |
| poema sen libro para david e o amor |
sabes
esta mileidi queimou os seus aposentos.
se miras ó ceo pola noite
poderas ver brilar
un anaco do fulgor
que quizais algun dia bicarán,
que antes desprezaches.

“Chove en santiago meu doce amor…” levo todo o dia coa cancion na cabeza.
Por fin chove!a chuvia empapame de melancolica…dame morriña hasta pestanexar…
Hoxe mentres camiñaba polo casco vello da Auria, recordei,mentres me vía nos charcos, cando era pequena.
Recordei cando a miña irmá comprou o primeiro teléfono mobil….que ilusion centrifuguei.
Recordei cando chorei con Bambi ou co Rei Leon.
Recordei as “barbies”, os libros, as pinturas, os xogos, as cancions do colacao……..
Creo que xa non se disfruta deso. Cada vez medran antes.Mellor dito, cada vez queren smedrar antes.
Pero despois destos momentos pasteleros, apareciches ti. De súpeto, cun “aire a Guevara”.Pero sabes? Non anhelo precisarte.Quizais porque nunca te tiven.
Aluguei un libro de Alfonso Rodríguez….encántame.Deixovos un petisco.Este, recordoume un pouco a ti, outra vez:
é certo, hoxe estás preciosa
como unha rosa nun xardin de tumbas
como unha piragua nun mar de ebulicion
e ademais plateada e enigmática.
é certo, hoxe voaría contigo ao infinito,
ao máxico ao envolvente, ao plácido
e xogaría polas túas uñas comidas polo vento
xogaría co teu pelo recollido con pinzas negras.
é certo, hoxe as ilusións esvaecen e xa
non penso coma antes e aínda que estás preciosa
e ademais prateada e enigmática, non podo tocarte.
Libro:subir ao faiado
![]()
Todos buscamos que nos queiran.Tememos quedar exiliados do pracer do amor e da súa dor.Buscamos desesperados unha pel descoñecida que afogue os nosos vacíos.Ó final, todos rezamos por atopar unha boa envoltura cada noite….pero….o problema e que coa erosión, as pinturas da envoltura perden…..e que che queda?se polo menos recordas o nome, seguro que os teus te invitan a unha copa.
Alguen me dixo non fai moito que bicar cansa.
Creo que medrarían demasiadas ortigas na nosa boca.

Hoxe padezo anhelo con salsa melancolica.
Anhelo….que me sorprendas. que me biques no nariz. que enredes co meu pelo. que me fagas rir. que rias conmigo. que me fagas chorar. que chores conmigo. que camiñemos sen rumbo da man. que sexas o meu horizonte. que sexa o teu horizonte. unha mirada complice. que me biques. que me biques mais. que me susurres. que me digas que che apetece neste probador. que acudas a min desesperado. que acuda a ti desesperada. calmar os teus medos. que calmes os meus. que me mires. esconderme na tua pel. que te escondas na miña. que te enfades. que te perdoe. que nos separemos. que nos volvamos encontrar. que ceemos. que cazemos estrelas nas noites de veran. que nos xuremos eternidades. que nos abracemos. que me contes todo. que che conte todo. a nosa cancion. que os atardeceres acaben en ti. o sabor dese ultimo bico. que o abrente soe a ti.
Anhelo sobretodo…que non te coñezo. que non me coñeces. que non padezamos ese principio.

“…Ahora que duelen las resacas y cortan como una navaja…que pido auxilio, besos y comida por teléfono, que fumo flores y lloro a veces mientras duermo…”
Digamos que… propoño e case me atrevo a prometer firmemente non volver deixarme caer, (en varios temas, pero concretamente nesa “parvada”).
Todos sabemos que logo dunha mala epoca…..hai unha boa recompensa!?!
Que voe o tempo.
“Ahora es el momento de volver a empezar, que empiece el carnaval, la orgía en el Palacio de Invierno, de banderas y besos.”