outubro 13th, 2006

Porque, con diferencia somos a asociacion máis duradeira de Ourense.
Porque….ainda asi agardo/agardamos ilusas a que vos derretades rapidiño.
*maio: “igual non é o……”*
.
.
.
.
*outubro: “igual segue sen ser o…..” *
( por suposto esta entrada leva un ton irónico… )
outubro 10th, 2006

Ámote.
Imaxínome bicando as curvas do teu corpo no fume deste amargo cigarro. Esta fonte esta a piques de secar. Demasiadas historias engurran a miña cara, demasiados desenganos, demasiadas perdidas…. Puta vida.
Busco fuxir desta noite de pernas longas e refuxiarme na maxia da soidade. Aparecer polas físgoas da túa ventá. Decorar o teu ventre con po de bolboreta.
Tantos amigos para que? Para acabar coma unha merda perdido nun contenedor do lixo. Este mundo desangrase. Como será dentro duns anos? Mira que cagarme unha gaivota negra…a quen se lle conte nos meus tempos…
Probas nucleares. Matanzas humanas. Guerras desas… santas….vannos foder a todos e ben! A min pouco me queda, e para o que importo nesta sociedade…
Onte soñei que che facía o amor coma cando eramos novos, manda carallo, case o creo.
Palabras de prata escurecidas polo inverno.
Alugarei algunha praia e deixarei de afogarme no xenebra.
Vivirei o que me queda alimentando esta enfermidade con imaxes deso que non vivimos….
Ámote.