
.::a vida é demasiado CortA para acomplexala::..

.::a vida é demasiado CortA para acomplexala::..
 
Hoxe é un deses dias nos que se intenta amasar unha concienciación colectiva sobre o que pasa os 364 dias restantes.
Hoxe téntase transimitir forza ás mulleres maltratadas, de calquera tipo.
Hoxe todas elas son hipotéticamente libres para dar un portazo.
Hoxe case todo o mundo quere sair nos medios de comunicación reivindicando a sua raiba ou impotencia.
E mañá? mañá tamén morreran, tamén choraran, tamén terán medo, tamén serán violadas, tamén berraran inutilmente…
Oxalá non houbese nada que celebrar, nin hoxe nin o 8 de marzo.
 
Madrugada, o porto adormeceu, amor,
a lúa abanea sobre as ondas
piso espellos antes de que saia o sol
na noite gardei a túa memoria.
Perderei outra vez a vida
cando rompa a luz nos cons,
perderei o dÃa que aprendÃn a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar,
perderei o dÃa que aprendÃn a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar.
Veu o loito antes de vir o rumor,
levouno a marea baixo a sombra.
Barcos negros sulcan a mañá sen voz,
as redes baleiras, sen gaivotas.
E dirán, contarán mentiras
para ofrecerllas ao Patrón:
quererán pechar cunhas moedas, quizais,
os teus ollos abertos sobre o mar,
quererán pechar cunhas moedas, quizais,
os teus ollos abertos sobre o mar.
Madrugada, o porto despertou, amor,
o reloxo do bar quedou varado
na costeira muda da desolación.
Non imos esquecer, nin perdoalo.
Volverei, volverei á vida
cando rompa a luz nos cons
porque nós arrancamos todo o orgullo do mar,
non nos afundiremos nunca máis
que na túa memoria xa non hai volta atrás:
non nos humillaredes NUNCA MÃIS.

..:Un asasinato sÃrvese en frÃo e dilúese en ardente dor:..
A eses que se cren omnipotentes, que beben sangue, que quentan a súa vida coa queima doutras… a esas persoas….
Â
O 19 de maio, como celebración anual correspondÃa festexar o cumpreanos da miña irmá, pero… este ano un evento inesperado alugou o dÃa.
TÃteres, fráxiles, sen zapatos de noso, sen sede de soños, sen desexo de amar… ¿eso é no que nos queren converter? Titeres habitando nun limbo manipulado…
“…las hostias siguen cayendo sobre quien habla de masâ€â€¦..
Pese ó empeño que teñen en recalcar o gran avance da sociedade na que vivimos actualmente….¿terei que pensar que avance e irracionalidade van da man? ¿ou o “gran avanceâ€consiste en refuxiarse tralo son dunha bala e brindar co sangue que dela emana?
¿Consiste en que unha persoa decida acabar coa túa vida polo simple feito de ser emigrante, prosperar nun lugar alleo, traballar e ofrecer traballo dignos? ¿E hai dereito a que a unha persoa que se define como “médico†che negue a súa atención en estado moribundo só porque o edificio no que se atopa se define como privado….?
 Corazón de pedra, cruce de mans e de postre, sen rompe-lo  protocolo,  un “descanse en pazâ€â€¦
Esa é a atención medica que recibiu Alfredo Paz , sangue do meu sangue, en Venezuela.
Asà rematou o 19 de maio, coa súa morte. Esa bala non só foi refuxio para un asasino, senón un “big bang†de dor no que cada unha das persoas, familiares e amigos, convertÃa en rÃo cada un dos momentos vividos con el…
Â
NON Ó SOMETEMENTO,
REIVINDICACION DOS DEREITOS,
REIVINDICACION DOS SOÑOS,
COLLEITA DE FELICIDADE E TRISTURA PROPIAS,
¡¡¡ VIDA PROPIA.!!!
Â
…..a esas persoas….¡¡Vendetta acompañada con guarnición de pena polo seu estado mental!!…. e de postre, os meus peores desexos.
Â