xaneiro 30th, 2007

Posted in a diario by antaruxa

 

” Non hai camiño para a Paz, a Paz é o camiño “

xaneiro 18th, 2007

Posted in Persoal, esmorgadas by antaruxa

 

Sempre se agarda o verán,

deséxase

ese tempo para a noite como a herba

sen alerxia. Os amigos recuperados.

Próbase toda froita de óso,

búscanse os elepés de música xamaicana,

vaise esquecendo unha miga a cohíba

e esta patria.

Sempre se agarda o verán porque detén a vida.

Veñen días lentos,

ríos,

ollos

esváese o mundo afora,

vístense de xente as terrazas

no agre do lusco-fusco.

Saen tantas guerras da memoria.

Pero sempre se agarda un verán

que nunca chega.

E retíranse os dentes, vencidos,

da hora deserta.

estou crísica. apocalipse de recordos.recordos cálidos.montando a tenda.as risas na praia.o sono que almacenei.zarracós en festas.allariz.allariz.allariz.o cambio da xente para mal.o cambio para ben.as crises.as aclaracións.

xaneiro 15th, 2007

EU SOBREVIVIN Ó 02-12-06

Posted in Persoal, esmorgadas, umbilicais by antaruxa

aisss que recordos…..

esa nuite sempre será UNICA e INESQUECIBLE.

oxalá queden moitas….

oxalá estemos todos….. ainda que sexa ás veces.

Ós que estades na foto e ós que faltades…….GHRACIAS!!!!!

xaneiro 5th, 2007

Posted in Persoal by antaruxa

 

“Bicaralo.E o bico que lle deas será polo que medirás todos os outros bicos da túa vida”

Noite de reis!!!!!    uiuiuiuiui

xaneiro 5th, 2007

Posted in Sen clasificar by antaruxa

 pois a min gústame….jeje!!

xaneiro 2nd, 2007

Posted in Persoal by antaruxa

 

 

 

 

“Es mejor caminar que parar y ponerse a temblar

Y confío en que no olviden el infierno
y los motivos que les llevaron allí
y que la vida no les guíe hasta lo negro
espiral de donde no hay forma de salir
una lágrima es mayor que el mar entero
cuando el viento lleva a lomos la traición
                                                      porque la vida se convierte en un invierno
                                      tenebroso para dos “

 era el.non era ela pero daba igual.sei que a ten.era esa canción.unha hostia no momento adecuado sempre é boa.esta toma si que é a que vale.libre!!!!

decembro 31st, 2006

din dan din dan…..

Posted in Persoal, fios do luar by antaruxa

sempre acabo babándome coas uvas.

sempre acabo acordándome dos que xa non estades aquí.

sempre acabo extrañándovos.

sempre acabo pensando que o ano que entra será mellor que o anterior.

gracias por soportarme, extrañarme e quererme estos 365 dias que hoxe se apagan.

espero que este novo ano que entra, poida/mos seguir compartindo a liberdade de soñar, de amar (…), de recordar vellas decepcións, de vivir novas alegrias, de poder transportar a cada un dos dias do ano que entra,tódolos bos desexos que hoxe, por ser 31 florecen en nós, e quizais asi conseguir soportarnos mellor.

Só se conseguimos calmar esos ruidos que nos ensordecen, poderemos vestirnos con susurros.

Só pido que para o ano que entra penses en todo o que quere dicir un susurro, o que implica susurrar.

saúde!!!                                       FELIZ 2007

decembro 28th, 2006

inocente…

Posted in Persoal, a diario, umbilicais by antaruxa

 

hoxe cheirame a inocente…

xa hai tres anos que cocemos a venganza….

reafírmome en frio moito mellor….

claro está, sen esquecer o avecrem….

prepárate!!!!!!

decembro 27th, 2006

uf….

Posted in a diario by antaruxa

PESADÉRRIMA, haiche xente ben pesada.pode chegar a provocar en ti unha adormecida sequia mental simplemente polo feito de tentar levar unha conversa inocentemente normal, e facer dese simple xogo de palabras algo tan pesado, coma dous elefantes relacionandose intimamente sobre a palma da túa man, mentres coa outra practicas malabares sobre uns zancos de medio metro.

terei pesadelos?

decembro 25th, 2006

bo nadal!

Posted in a diario by antaruxa

 

espero que se portara ben con tod@s…
na miña casa solo lle son fieis ós “reis magos”…!!

os langostinos de dous en dous ua ua…xD

moito moito frio!!